A ATENCIÓN DOS
PAIS/NAIS/TITORES DO ALUMNADO QUE PARTICIPARÁ NA EXCURSIÓN A LONDRES DE 4º DA
ESO
Estimadas/os nais/pais/ titores:
Convocámosvos a unha reunión o xoves 7 de Novembro, as 19.00, na
Aula Magna para informarvos das novidades sobre o proxecto de excursión que o
alumnado de 4º da ESO realizará no presente curso.
O proxecto contempla realizar unha viaxe a Londres
de cinco días no 3º trimestre do presente curso. En principio as datas que
pensamos que serían mellores son as
comprendidas entre o 28 de abril e o 3 de maio. (Hai que ter en conta que parte
do alumnado de cuarto vai participar noutras excursións). Pretendemos que na
mesma participe todo o alumnado de 4º da ESO que o desexe e que non fora
sancionado polo seu comportamento.
A nosa idea é que non sexa só unha viaxe
turística, senón que sexa unha actividade académica útil para o alumnado. Con
este fin elaboraránse fichas didácticas especiais coas que o alumnado
traballará antes e despois da viaxe.
O presuposto aínda non está pechado, pero
calculamos que ficara entorno os 500 euros. Tendo en conta que é unha cifra
considerabel, a nosa idea é que o alumnado consiga a maior cantidade de cartos
mediante actividades diversas como venda de lotería, tartas, etc... Solicitaremos
pois a súa autorización e colaboración nesta tarefa.
Para comezar a planificación da viaxe necesitamos
saber quenes están interesados en realizala. Así que todos os interesados
deberán ingresar a cantidade de 200
euros. Esta cifra supón o 40% do precio total da excursión, e necesitamola
para facer a reserva; así que unha vez feita a reserva non se poderán devolver
os cartos.
As cantidades deberánse ingresar na conta do Instituto
no BBVA: 0182-0267-14-0200694868
Asunto: Londres, nome do alumno, grupo do alumno.
Deberán realizar este ingreso a maior brevedidade
posible. De non terse realizado o citado ingreso antes do 15 de novembro, entenderemos que renuncian a realización
de esta actividade. É moi importante que nos fagan chegar, por medio do seu
fillo/a, unha fotocopia da folla de ingreso, para poder levar un mellor control
dos ingresos realizados. Pode ser entregada as profesoras Carmen Argibay, Clara
Pino ou o vicedirector Fernando Prieto.
O non ingreso do pago nas datas indicadas implica
a perda ao dereito de participar na viaxe.
Estamos a súa
disposición para calquera consulta ou aclaración que quieran realizar.
Santiago, 6 de novembro do 2013.
Asdo. Fernando Prieto, vicedirector