viernes, 8 de noviembre de 2013

circular nº1

A ATENCIÓN DOS PAIS/NAIS/TITORES DO ALUMNADO QUE PARTICIPARÁ NA EXCURSIÓN A LONDRES DE 4º DA ESO
Estimadas/os nais/pais/ titores:
 Convocámosvos a unha reunión o xoves 7 de Novembro, as 19.00, na Aula Magna para informarvos das novidades sobre o proxecto de excursión que o alumnado de 4º da ESO realizará no presente curso.

O proxecto contempla realizar unha viaxe a Londres de cinco días no 3º trimestre do presente curso. En principio as datas que pensamos que serían mellores son  as comprendidas entre o 28 de abril e o 3 de maio. (Hai que ter en conta que parte do alumnado de cuarto vai participar noutras excursións). Pretendemos que na mesma participe todo o alumnado de 4º da ESO que o desexe e que non fora sancionado polo seu comportamento.

A nosa idea é que non sexa só unha viaxe turística, senón que sexa unha actividade académica útil para o alumnado. Con este fin elaboraránse fichas didácticas especiais coas que o alumnado traballará antes e despois da viaxe.

O presuposto aínda non está pechado, pero calculamos que ficara entorno os 500 euros. Tendo en conta que é unha cifra considerabel, a nosa idea é que o alumnado consiga a maior cantidade de cartos mediante actividades diversas como venda de lotería, tartas, etc... Solicitaremos pois a súa autorización e colaboración nesta tarefa.

Para comezar a planificación da viaxe necesitamos saber quenes están interesados en realizala. Así que todos os interesados deberán ingresar a cantidade de 200 euros. Esta cifra supón o 40% do precio total da excursión, e necesitamola para facer a reserva; así que unha vez feita a reserva non se poderán devolver os cartos.

As cantidades deberánse ingresar na conta do Instituto no BBVA: 0182-0267-14-0200694868
Asunto: Londres, nome do alumno, grupo do alumno.

Deberán realizar este ingreso a maior brevedidade posible. De non terse realizado o citado ingreso antes do 15 de novembro, entenderemos que renuncian a realización de esta actividade. É moi importante que nos fagan chegar, por medio do seu fillo/a, unha fotocopia da folla de ingreso, para poder levar un mellor control dos ingresos realizados. Pode ser entregada as profesoras Carmen Argibay, Clara Pino ou o vicedirector Fernando Prieto.

O non ingreso do pago nas datas indicadas implica a perda ao dereito de participar na viaxe.


Estamos a súa disposición para calquera consulta ou aclaración que quieran realizar.

Santiago, 6 de novembro do 2013.





Asdo. Fernando Prieto, vicedirector